Ler

BASES I MARATÓN FOTOGRÁFICO NO INSTAGRAM

BASES REUMIDAS

1- Segue a @afotograficagalega no Instagram

2- Escolle a categoría: #fotomaratonvigoPaisaje #fotomaratonvigoBlancoNegro #fotomaratonvigoGente

3- Sube as fotos ao Instagram e menciona no título a @afotograficagalega co cancelo #fotomaratonvigo e o cancelo da categoría

4- Cada participante poderá subir como máximo unha fotografía por categoría, todas as fotografías deberán estar feitas dentro dos límites do Concello de Vigo.

I MARATÓN FOTOGRÁFICO NO INSTAGRAM

A Agrupación Fotográfica Galega organiza a primeira edición do concurso de fotografía a través do Instagram #fotomaratonvigo. Este concurso vai dirixido a todos os usuarios desta rede social, amantes da fotografía que queiran participar nesta inciativa coas suas mellores imaxes de Vigo.

PARTICIPANTES

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 14 anos que dispoñan dun perfil público en Instagram. A persoa que presente a fotografía debe ser autora da mesma.

TEMAS

Haberá tres temas sobre os que fotografar: #gente #blancoynegro #paisaje

INSCRIPCIÓN

Non é necesaria inscripción previa. Para participar usarase a rede social Instagram, por este motivo, é obrigatorio que todos os participantes teñan conta e sexan seguidores da AFG nesta rede social, @afotograficagalega. Os participantes que resulten seleccionados e gañadores deberán aportar os seus datos (nome e apelidos, nif, enderezo, data de nacemento) á AFG. Esta información quedará rexistrada e custodiada na base de datos da AFG dacordo á LOPD vixente.

OBRAS

Os participantes poderán participar cun máximo de UNHA FOTOGRAFÍA POR TEMA mentras o prazo esté aberto. O proceso será o seguinte:

1- Fai unha foto e subea o Instagram etiquetando a @afotograficagalega

2- Inclue o cancelo #fotomaratonvigo e o tema da foto #fotomaratonvigoPaisaje #fotomaratonvigoBlancoNegro #fotomaratonvigoGente.

Se algún participante envía unha cantidade maior de fotografías, a organización só terá en conta as primeiras recibidas.

PREMIOS

Os premios deste concurso son:

1º premio: • Cámara fotográfica reflex Canon EOS 4000s + 18-55mm DC • Inscripción gratuita no Maratón Fotográfico • Camiseta Maratón Fotográfico 2019

2º premio: • Sudadeira + camiseta Woodtown • Vale de compra Woodtown (50 euros) • Vale de compra ReiZentolo (30 euros) • Inscripción gratuita no Maratón Fotográfico • Camiseta Maratón Fotográfico 2019

3 accesits : • Camiseta Woodtown • Vale de compra ReiZentolo (valorado en 30 euros) • Inscripción gratuita no Maratón Fotográfico • Camiseta Maratón Fotográfico 2019.

Os premios non serán acumulables. A entrega de premios tenrá lugar o sábado 28 de septiembre as 13:00h no punto de salida do Maratón Fotográfico.

DATAS

Dende o 9 ao 22 de setembro de 2019. O peche de recepción de obras será o domingo 22 as 00:00h.

XURADO

Unha vez pechado o prazo de participación un xurado constituido pola AFG con expertos no campo da fotografía decidira quen son son gañadores

GAÑADORES

Uhna vez sexa definitivo o fallo do xurado, a organización contactará cos gañadores para solicitar a documentación anteriormente mencionada e a foto na máxima calidade posible. Unha vez comprobados os datos e a autoría das obras premiadas, publicarase a través dos seus propios medios (nota de prensa, web e redes sociales) os nomes dos gañadores.

DEREITOS DE AUTOR

Os participantes conservarán os seus dereitos sobre as imaxes presentadas cedendo a organización os dereitos de difusión a traves de calquer medio (redes sociais, exposicións, anuncios, etc.)

NORMAS DO CONCURSO

A AFG reservase o dereito de resolver calquer conflicto que poida xurdir na interpretación das bases ou durante o desenrolo do mesmo.

A AFG non se fará responsable das imaxes presentadas que poidan violar os dereitos de autor de terceiros, sendo os participantes os únicos responsables no caso de reclamacións.

A AFG entende que todas as persoas que poidan aparecer fotografadas nas obras presentadas consinten a sua publicación e que o autor conta no caso de menores de idade coa autorización do pai, nai o tutor dos mesmos. A participación neste concurso implica a aceptación total destas bases.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

COLABORAN