XVII Maratón Fotográfico

Un ano máis a Agrupación Fotográfica Galega organiza co patrocinio do Concello de Vigo e dentro do programa de actos de Festas de Verán, a XVII edición do Maratón Fotográfico. Na pasada edición un total de 169 foron os participantes que non quixeron perderse este concurso e pór a funcionar a súa imaxinación, punto que máis valora o xurado, para intentar reflectir os temas que desde a organización se lles propoñen e que deben plasmar nas súas fotografías.

Este ano continua o horario de 24h. Desta forma a saída terá lugar na Praza do Pobo Galego o día 11 de Agosto, sábado, ás 21h e os participantes terán ata as 20h. do domingo, día 12 de Agosto para realizar as súas fotos e entregalas na Praza do Rei.

SALIDA


Ver Praza do Pobo Galego en un mapa más grande

LLEGADA


Ver mapa más grande