Ler

BASES MARATÓN FOTOGRÁFICO

XXX

MARATÓN FOTOGRÁFICO

Concurso fotográfico de 24 horas de duración, cun control de saída e outro de chegada.
As/os participantes deberán fotografar sobre catro temas propostos pola organización e entregar unha foto por cada un deles no control de chegada. As fotos deberán ser feitas dentro dos límites do Concello de Vigo ou ben ter a Vigo como suxeito da imaxe.

INSCRICIÓN

Poderán participar todas as persoas de calquera idade que formalicen a súa inscrición antes das 15:00 h do día 2 de outubro de 2026 a través da web da AFG:
👉 www.agrupacionfotograficagalega.com

A inscrición poderá facerse tamén en persoa o propio día do Maratón, desde as 11:00 h ata as 11:45 h.
A cota de inscrición xeral será de 15 euros.
A participación será gratuíta para menores de idade (deberán mostrar DNI ou documento análogo).

PAGAMENTO DA COTA

O pagamento da cota é necesario para confirmar a participación e poderá facerse de dúas formas:

  1. Na pasarela de pago da web da AFG, para pagos con tarxeta bancaria.
  2. En efectivo no control de saída.

HORARIO

O Maratón Fotográfico comezará ás 11:00 h do día 3 de outubro de 2026, na Praza do Pobo Galego de Vigo.

Tras facer o control de saída, no que as/os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa, recordarase a normativa do concurso. Ás 12:00 h darase a saída oficial e informarase dos catro temas.

Disporán de 24 horas para facer, procesar e escoller as súas fotos. Antes das 12:00 h do día 4 e deberán entregar as catro fotos correspondentes aos temas propostos.

FOTOS, FORMATO E NOMES

As fotografías deben ter resolución suficiente para reproducirse en tamaño 20×30 cm a 300 ppp.

  • Formato: JPEG, en RGB, perfil sRGB IEC61966, preferiblemente en máxima calidade.
  • Cada arquivo debe levar como nome o tema que representa, seguido do nome da/o autora/a.
  • Pode incluírse un arquivo opcional coa orde proposta para o panel de exposición.

Non se admitirán arquivos adicionais (ex. currículo, descrición técnica, etc.). As fotos non poderán incluír firmas, símbolos ou calquera outro elemento que identifique á persoa autora.

ENTREGA

A entrega farase a través dunha plataforma dixital (en remoto) ou fisicamente no Café UF (rúa do Pracer 19, Vigo), en memoria USB ou tarxeta.

Non se aceptarán fotos entregadas fóra de prazo.
As fotos entregadas en remoto serán descargadas nos días seguintes ao Maratón; non se confirmará a recepción a non ser que haxa algún problema, no cal se contactará directamente co/a participante.

As fotos deberán ser realizadas durante o transcurso do Maratón, tanto no interior como no exterior.

Permítese o uso de calquera material técnico e retoque fotográfico.
Non se admitirán imaxes xeradas con Intelixencia Artificial (IA). O uso de IA poderá supoñer motivo de descalificación do concurso.

CATEGORÍA ANALÓXICA

As persoas que queiran participar con película fotográfica poderán facelo.
Deberán levar o seu propio carrete de 35 mm e entregalo no control de chegada.
A organización encargarase do revelado e escaneo, e enviará as imaxes ao/á participante para que elixa as catro que presentará ao Maratón.

DIFUSIÓN DAS IMAXES

As fotos presentadas non deberán ser publicadas en redes sociais nin en webs ata despois da exposición, para garantir a imparcialidade do xurado.

Aínda que se garante a independencia do xurado, recoméndase manter as imaxes inéditas.

PREMIOS

  • 1º premio: 1.000 €
  • 2º premio: 500 €
  • 3º premio: 300 €
  • 3 accésits

Premio Xuvenil Óptica Studio:
Para idades entre 14 e 18 anos.

4 premios infantís:
Para menores de 14 anos – Curso de fotografía na sede da AFG.

Os premios estarán suxeitos á retención fiscal vixente.
Será obrigatoria a presenza das/dos gañadoras/es no acto de entrega, agás causa xustificada con delegación en amizades ou familiares.

XURADO E VOTACIÓN

O xurado estará composto por:

  • Presidente: O Concelleiro-delegado de Cultura ou persoa en quen delegue.
  • Vocais: Un mínimo de 4 persoas de recoñecido prestixio nos ámbitos da fotografía, imaxe, arte ou medios.
  • Secretario/a: Membro da AFG, con voz pero sen voto.

A selección será anónima e valorarase:

  • Coherencia co tema
  • Coherencia da serie
  • Orixinalidade
  • Calidade técnica (nitidez, cor, contraste…)
  • Calidade artística (enfoque, cadrado, tema…)

EXPOSICIÓN

Realizarase unha exposición na Casa Galega da Cultura de Vigo coas fotos seleccionadas.

O veredicto farase público no acto de inauguración e será inapelable.
Tamén se publicará nas redes sociais.

É costume da organización expoñer, xunto ás fotos seleccionadas polo xurado, todas as demais fotos presentadas en formato reducido.
Manterase esta práctica sempre que o espazo e a cantidade de obra o permitan.

TEMAS

Todas as fotos presentadas deberán ser feitas no transcurso do Maratón. As fotografías poderán ser tomadas tanto no exterior como no interior. Igualmente, poderase facer uso do material técnico de calquera tipo, así como o retoque fotográfico que os e as participantes consideren necesario.

DEREITOS DE PROPIEDADE

As/os participantes deben ser autoras/es das imaxes.

As persoas gañadoras ceden de forma gratuita e NON exclusiva os dereitos de difusión á AFG.

Sempre se indicará o nome da persoa autora.

A titularidade e dereitos de explotación seguen pertencendo á persoa autora.

ACEPTACIÓN DAS BASES E DISCREPANCIAS

Durante o Maratón existirá un Comité de Control formado por tres membros da organización, que poderá resolver calquera controversia ou interpretar estas bases.

As súas decisións serán definitivas.

As reclamacións deberán enviarse por correo electrónico, identificándose e achegando probas.

Non se aceptarán queixas anónimas nin a través de redes sociais. Estas poderán ser eliminadas se non están fundamentadas ou conteñen comentarios ofensivos.

O feito de participar implica a aceptación total destas bases.
Consulta as nosas políticas legais e de devolución en:
👉 www.agrupacionfotograficagalega.com

DESCARGA AS BASES

Podes descargar as bases nesta sección

Descargar aquí.

A partir dás 12h. No Café Uf, rúa Placer 19.

Mercadillo fotográfico + Espazo Gastro. Música en directo: DJs e banda de rock.

COLABORADOR PRINCIPAL

COLABORAN

Gañadoras e gañadores da pasada edición XXIX Maratón Fotográfico

Jesús Trillo Lago

1º premio.

Paula González Cuervo

2º premio.

Fernando Gainzarain

3º premio.

María Villar Martínez

Accésit.

Ronald Vigo Quintero

Accésit.

Miguel Méndez

Accésit.

Greta Rodríguez Villar

Premio Xuvenil

Xela Couto Vigueira

Premio Infantil

Xoán Trillo Reboredo

Premio Infantil

Marta Torrón Giráldez

Premio Infantil

Nieves Facorro Yáñez

Premio Infantil