Aquí os 4 temas do

Maratón Fotográfico Presencial

V E R
01

Intenso

02

Lazos

03

Urbano

04

Desgaste

Aquí as gañadoras e gañadores deste Maratón Fotográfico XXVII

Gladys López Martínez

1º premio.

Zacarías Abad Torres

2º premio.

Habraham Barrios Cortez

3º premio.

Sonia Barja Iglesias

Accésit.

José Curra Pérez

Accésit.

Sara Blas Bolonio

Accésit.

Visita a nosa  Exposición virtual .

Ler

BASES MARATÓN FOTOGRÁFICO

CONCELLO DE VIGO

MARATÓN FOTOGRÁFICO CONCELLO DE VIGO

Concurso fotográfico de 24 horas de duración cun control de saída e outro de chegada. As/os participantes deberán fotografar sobre catro temas propostos pola organización e entregar unha foto por cada un deles no control de chegada. As fotos deberán ser feitas dentro dos límites do Concello de Vigo ou ben ter a Vigo como suxeito da imaxe.

INSCRICIÓN

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de catorce anos que formalicen a súa inscrición antes das 15:00 do día 29 de setembro de 2023 a través da web da AFG: www.agrupacionfotograficagalega.com.

A inscrición poderase facer tamén en persoa o día do Maratón desde as 11:00 ata as 11:45.
A cota de inscrición xeral será de 12 euros.
Os participantes nados despois do 2003 terán unha cota reducda de 8 euros (deberán mostrar DNI ou documento análogo)

PAGAMENTO DA COTA

O pagamento da cota é necesario para confirmar a participación, pode facerse de catro formas:

1. Transferencia bancaria á conta da AFG, indicando no concepto o nome do/da participante.
2. Pagamento en efectivo no control de saída.
3. Pagamento na pasarela de pago da web da AFG para pagos con tarxeta bancaria. Haberá
un cargo extra de 2€ polos gastos de xestión.

HORARIO

O Maratón Fotográfico “Concello de Vigo” comezará as 11:00 do día 30 de setembro de 2023, na Praza do Pobo Galego (Praza de Arquitectos) en Vigo.

Tras facer o control de saída no que as/os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa, recordaranse as normas do concurso e as 12:00h darase a saída oficial e informarase dos catro temas. Ao longo de 24 horas poderán facer fotos, procesalas, escoller, etc. Pero antes das 12:00h do día 1 terán que entregar as catro fotos que representen os catro temas propostos.

FOTOS, FORMATO E NOMES

A resolución das fotografías enviadas ten que ter como mínimo calidade suficiente para a súa reprodución en tamaño 20x30cm a 300ppp. Terán que estar en formato de cor RGB e con perfil sRGB IEC61966. O formato de arquivo será JPEG, recomendamos que con máxima calidade.

É recomendable que cada arquivo de imaxe leve como nome o tema que representa. Se queres tamén podes incluír un arquivo que propoña a orde do panel de exposición. Calquera outro arquivo con información sobre como se fixeron as fotos, currículo do autor ou que non sexan os xa mencionados non será tido en conta.
Nas fotografías non poderá aparecer ningunha firma, símbolo ou elemento que poida identificar o autor.

CATEGORÍA ANALÓXICA

Se algún dos participantes quere facelo usando un carrete de película fotográfica poderá facelo. Deberá achegar o seu propio carrete que será de formato 35mm en cor e entregará o carrete no control de chegada. A organización encargarase do seu revelado, posteriormente o xurado seleccionará as catro imaxes correspondentes aos temas.

ENTREGA

A entrega poderá facerse físicamente na sede da AFG, na rúa Uruguai 17 entrechán de Vigo. As fotos levaranse nunha memoria USB ou tarxeta de memoria. Non serán admitidas fotos entregadas despois do horario de peche.

Tamén poderán enviarse por email a agrupacionfotograficagalega@gmail.com recomendamos usar unha plataforma de envío de arquivos tipo wetransfer, dropbox, drive, etc.

As fotos enviadas por estes medios serán descargadas nos días seguintes ao Maratón e non se enviarán confirmacións de recepción das mesmas. No caso dalgún problema contactaremos directamente co participante para resolver o problema.

DIFUSIÓN DAS IMAXES

Recomendamos que as fotos presentadas ao Maratón non sexan publicadas en redes sociais nin webs para evitar que os membros do xurado podan coñecelas antes de facer a súa valoración. Aínda que a independencia do xurado está garantida é recomendable que as fotos sexan inéditas ata que se inaugure a exposición

PREMIOS

1o……………………………….. 1.000€

2o……………………………….. 500€

3o……………………………….. 300€

3 accésits

Aos premios aplicaráselles a retención fiscal vixente. No caso de que a persoa gañadora sexa menor de idade, o premio será un vale de material fotográfico. Será obrigatoria a asistencia das/ dos gañadores ao acto de entrega de premios, con causa xustificada poderán delegar en amizades ou familiares.

TEMAS

Todas as fotos presentadas deberán ser feitas no transcurso do Maratón. As fotografías poderán ser tomadas tanto no exterior como no interior. Igualmente, poderase facer uso do material técnico de calquera tipo, así como o retoque fotográfico que os e as participantes consideren necesario.

XURADO E VOTACIÓN

O xurado de cualificación estará composto por:

PRESIDENTE: o concelleiro delegado da Área de Cultura ou persoa en quen delegue.
VOCAIS: un mínimo de catro persoas de recoñecido prestixio, relacionadas co mundo da fotografía, imaxe, artes ou medios de comunicación…
SECRETARIO: un membro da AFG, con voz e sen voto.

Os traballos gañadores serán seleccionados de maneira anónima con atención á:
• Coherencia coa temática proposta
• Coherencia da serie fotográfica.
• Orixinalidade da fotografía.
• Calidade técnica: nitidez, contraste, cor …
• Calidade artística: definición, tema, cadro.

EXPOSICIÓN

Coas fotografías seleccionadas realizarase unha exposición cuxa ubicación e data está por determinar.

O veredicto do xurado publicarase o día da inauguración desta exposición e será inapelable. Publicarase tamén nas RRSS.

A organización do Maratón ten por costume expoñer xunto as fotos seleccionadas polo xurado todo o resto de fotos presentadas ao Maratón en menor tamaño. É a nosa intención manter esta costume mais dependemos do espazo da sala e da cantidade de obra presentada que poderían limitar a cantidade de fotos expostas.

DEREITOS DE PROPIEDADE

Os/as participantes deben ser autores das fotografías presentadas.

Os gañadores e gañadoras cédenlle gratuitamente e de forma NON EXCLUSIVA á Agrupación Fotográfica Galega os dereitos de difusión das imaxes presentadas.

Se calquera das fotografías é utilizada indicarase expresamente o nome do autor.

Porén, as e os autores das imaxes seguen sendo titulares dos dereitos da súa explotación para calquera uso posterior.

ACEPTACIÓN DAS BASES E DISCREPANCIAS

Durante o transcurso do maratón existirá un Comité de Control, formado por tres persoas da organización, que estará facultado para resolver as controversias ou circunstancias especiais que puidesen xurdir, así como para interpretar as presentes bases. A súa decisión terá carácter definitivo.

Se un/unha participante quere presentar algunha queixa ou reclamación deberá facelo por correo electrónico. Terá que identificarse e explicar o motivo da queixa ou reclamación e aportar as probas que teña no seu poder.

A AFG non admitirá queixas ou reclamacións anónimas ou a través de redes sociais que poderán ser eliminadas no caso de non estar fundamentadas ou ser despectivas ou ofensivas contra algúnha das persoas participantes, organización ou membro
do xurado.

O feito de concursar nesta edición do “MARATÓN FOTOGRÁFICO CONCELLO DE VIGO” implica a total aceptación destas normas.

DESCARGA AS BASES

Podes descargar as bases nesta sección

Versión reducida aquí.
Versión longa aquí.

COLABORADOR PRINCIPAL

COLABORAN