Descripción
Este libro reúne unha selección de fotografías de distintas edicións do Maratón Fotográfico de Vigo, un certame que ao longo de tres décadas recolleu diferentes formas de mirar e entender a cidade a través das imaxes de numerosos fotógrafos e participantes.
A selección non segue unha orde cronolóxica, senón que pon en relación fotografías de distintas épocas, creando diálogos entre imaxes e olladas diversas.
A través das súas rúas, das súas xentes, do mar e das súas manifestacións artísticas, as fotografías constrúen un percorrido visual pola historia recente de Vigo, amosando as súas transformacións e aquilo que permanece. Unha publicación que reúne unha parte da memoria visual colectiva construída por quen participou no Maratón.
Os envíos a domicilio realízanse unicamente os luns. Se o prefires, podes recoller o teu pedido gratuitamente na Cafetaría UF.









