A AGRUPACIÓN FOTOGÁFICA GALEGA (AFG)

É unha asociación sen ánimo de lucro cuxos obxectivos son a difusión e promoción da fotografía, onde teñen cabida
fotógrafos de todo tipo de tendencias e procedencias.

Fundada en 1946, é a primeira agrupación deste tipo que xorde en Galicia e caracterízase por ser unha agrupación
aberta a todos os amantes da fotografía, xa sexan fotógrafos profesionais, afeccionados ou todos aqueles que lles interesa a cultura en xeral.

Apostamos pola colaboración con persoas ou organizacións que compartan os nosos obxectivos e interésense por actuar en favor do recoñecemento e a difusión da fotografía e os fotógrafos.

A AGRUPACIÓN FOTOGÁFICA GALEGA supera os 70 anos de vida e estamos orgullosos do noso pasado. A pesar diso nos últimos anos, o auxe das novas tecnoloxías fixo madeixa na agrupación. Dende hai uns anos unha nova
directiva dedicouse a dar un novo impulso coa organización de distintos cursos, seminarios, mostras fotográficas e por suposto dar continuidade o MARATÓN CONCELLO DE VIGO.

Para iso decidimos actualizar a imaxe da agupación creando unha nova identidade corporativa, renovando as instalacións e adaptando a comunicación e as actividades ás novas tecnoloxías.

Dende a AFG

MARATÓN FOTOGRÁFICO CONCELLO DE VIGO.

Fai 25 anos que a AFG organizou o seu primeiro Maratón, para esa ocasión a participación estaba reservada exclusivamente para socios da AFG. Pero dado o éxito e boa acollida por aficionados a fotografía e profesionais que apoiaron a actividade fomos quen de abrir esta actividade a todos os que quixeran participar, reservando un premio para o mellor socio clasificado.

Tan solo 5 anos despois levamos esta actividade como proposta a Concellería de Cultura do Concello de Vigo, e axiña foi apoiada pola Concelleira, Maite Fernández, dotando a actividade dun presuposto de 1.200.000 pts, e incorporando a actividade dentro do programa de “Festas do Cristo”. Poucas foron as condicións que se puxeron e se seguiron ata hoxe, que as fotos foran feitas dentro do Concello de Vigo e que o Maratón pasara a chamarse MARATON FOTOGRÁFICO CONCELLO DE VIGO.

A mecánica do Maratón é sinxela e pese a algúns cambios case non variou dende os seus inicios. Catro temas sobre os que fotografar, que as fotos se fagan dentro dos límites do Concello de Vigo e 24 horas de tempo con 3 controles obligatorios.

Tras a inscripción que se pode facer previamente a través da web da AFG os participantes acuden ao control de saída, alí se confirman os datos, se entrega unha camiseta conmemorativa.

Na edición do ano pasado fixemos un cambio nos horarios, a saída foi as 13h e eliminouse o control intermedio. Desta forma os catro temas son coñecidos no momento da saída, facendo que os autores poidan ter mais tempo para pensar nos catro temas. Este cambio vaise manter nesta edición.

O control de entrega, as 13h do domingo, en este cada participante entrega su CD ou descarga a súa tarxeta de memoria ou o carrete de película, que inda se usa algún.

A partires dese momento os organizadores se poñen a traballar, comproban que todos os CD e fotos están libres de erros, revelan os carretes e xerar con todalas fotos de cada participante una folla 20x30cm en calidade fotográfica coas 4 imáxes e o seu número de referencia. Tras este proceso, reunese un xurado de selección, persoas da organización ou afines a mesma que dende a súa visión de fotógrafos, deseñadores gráficos ou videógrafos encarganse de escoller as mellores series. Búscase
orixinalidade e coherencia entre as 4 imaxes sen descuidar a técnica.

Tras algunhas horas de visionado seleccionan entre 20 e 30 series. Estas serán as que conformen a exposición. Para que poidan ser expostas móntanse sobre un soporte ríxido e imprimense con calidade fotográfica en paneis de gran tamaño.