Aquí os 4 temas do

Maratón Fotográfico Virtual

V E R
01

Sostible

Sostenible.

02

Iluminado

Iluminado.

03

Abraiado

Fascinado.

04

Abismo

Abismo.

Aquí as gañadoras e gañadores deste Maratón Fotográfico Virtual II

Alán Pérez Fernández

1º premio.

Juan Vilches Llamas

2º premio.

Rosi Pardal

3º premio.

Sofía Magán Carrillo

Accésit.

Lidia Adsuar Serna

Accésit.

David Martín Pinto

Accésit.

Visita a nosa  Exposición virtual .

Ler

BASES MARATÓN FOTOGRÁFICO

VIRTUAL

MARATÓN FOTOGRÁFICO VIRTUAL

O Maratón Fotográfico Virtual é un concurso de fotografía no que os e as participantes deben fotografar, durante 36 horas, sobre catro temas propostos pola organización.

E terán que enviar ao correo da AFG catro fotos, correspondentes aos temas propostos.

osteriormente a organización realizará unha selección das obras presentadas e confeccionarase unha exposición sobre a que o xurado elixirá as series gañadoras.

INSCRICIÓN

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de catorce anos que formalicen a súa inscrición antes das 15:00 do día 24 de setembro de 2021.

A inscrición deberá facerse online a través da web da AFG www.agrupacionfotograficagalega.com. Este será o único xeito de facer a inscrición.

A cota de inscrición será de 10 euros.

PAGAMENTO DA COTA

O pagamento da cota é necesario para confirmar a participación, pode facerse de tres formas:

1) Transferencia bancaria á conta da AFG, coa indicación no concepto, do nome do/da participante: nº conta: ES30 2100 6608 5102 0017 1279

2) Ingreso nun caixeiro de Caixabank de 10€ na conta da AFG coa indicación no concepto, do nome do/da participante.

3) Pagamento na pasarela de pago da web da AFG para pagos con tarxeta bancaria. Haberá un cargo extra de 2€ polos gastos de xestión.

HORARIO

O Maratón Fotográfico Virtual, comezará as 12:00 do día 25 de setembro de 2021, nese momento enviaráselles ás persoas inscritas un correo electrónico cos catro temas sobre os que terán que facer as fotos.

Durante todo o 25 e 26 de setembro poderán facer fotos, procesalas, escoller, etc. pero antes das 00:00 do día 26 de setembro terán que ter enviado ao correo electrónico da AFG as catro fotos que representen os temas propostos.

FOTOS E ENVÍO

A resolución das fotografías enviadas ten que ter como mínimo calidade suficiente para a súa reprodución en tamaño 20x30cm a 300ppp. Terán que estar en formato de cor RGB e con perfil sRGB IEC61966.

O formato de arquivo será JPEG, recomendamos que con máxima calidade. Para o envío se son moi pesadas recomendamos que usedes Wetransfer, ainda que tamén son válidas outras como: Filemail, Google Drive, Ydray, Smash, etc.

Non serán admitidas fotos enviadas despois do horario de peche.

PREMIOS

Os premios serán:

1º Premio…. 1.000 €

2º Premio….   500 €

3º Premio….   300 €

3 accésits….     150 €

Aos premios aplicaráselles a retención fiscal vixente. No caso de que a persoa gañadora sexa menor de idade, o premio será un vale de material fotográfico. Será obrigatoria a asistencia das/dos gañadores ao acto de entrega de premios, con causa xustificada poderán delegar en amizades ou familiares.

TEMAS

Todas as fotos presentadas deberán ser feitas no transcurso do Maratón.

As fotografías poderán ser tomadas tanto no exterior como no interior.

Igualmente, poderase facer uso do material técnico de calquera tipo, así como o retoque fotográfico que os e as participantes consideren necesario.

XURADO E VOTACIÓN

O xurado de cualificación estará composto por:

PRESIDENTE: o concelleiro delegado da Área de Cultura ou persoa en quen delegue.

VOCAIS: un mínimo de catro persoas de recoñecido prestixio, relacionadas co mundo da fotografía, imaxe, artes ou medios de comunicación…

SECRETARIO: un membro da AFG, con voz e sen voto.

Os traballos gañadores serán seleccionados de maneira anónima con atención á:

  • Coherencia coa temática proposta
  • Coherencia da serie fotográfica.
  • Orixinalidade da fotografía.
  • Calidade técnica: nitidez, contraste, cor …
  • Calidade artística: definición, tema, cadro.

EXPOSICIÓN

Coas fotografías seleccionadas realizarase unha exposición virtual nunha plataforma deseñada para tal efecto.

O veredicto do xurado publicarase o día da inauguración desta exposición e será inapelable. Publicarase tamén nas RRSS.

DEREITOS DE PROPIEDADE

Os/as participantes deben ser autores das fotografías presentadas.

Os gañadores e gañadoras e os mencionados/das cédenlle gratuitamente e de forma NON EXCLUSIVA á Agrupación Fotográfica Galega os dereitos de difusión das imaxes presentadas.

Se calquera das fotografías é utilizada indicarase expresamente o nome do autor. Porén, as e os autores das imaxes seguen sendo titulares dos dereitos da súa explotación para calquera uso posterior.

OUTRAS NORMAS

Durante o transcurso do maratón existirá un Comité de Control, formado por tres persoas da organización, que estará facultado para resolver as controversias ou circunstancias especiais que puidesen xurdir, así como para interpretar as presentes bases. A súa decisión terá carácter definitivo.

Se un/unha participante quere presentar algunha queixa ou reclamación deberá facelo por correo electrónico. Terá que identificarse e explicar o motivo da queixa ou reclamación e aportar as probas que teña no seu poder. A AFG non admitirá queixas ou reclamacións anónimas ou a través de redes sociais que poderán ser eliminadas no caso de non estar fundamentadas ou ser despectivas ou ofensivas contra algúnha das persoas participantes, organización ou membro do xurado.

O feito de concursar nesta edición do “MARATÓN FOTOGRÁFICO VIRTUAL ” implica a total aceptación destas normas.

COLABORADOR PRINCIPAL

COLABORAN